Gozarán dunha bonificación do 50% na cota íntegra do imposto os inmobles de uso residencial durante os tres períodos impositivos seguintes á finalización de instalacións de sistemas de aproveitamento de enerxía solar.
Aos suxeitos pasivos dos inmobles de uso residencial onde se instalen sistemas de aproveitamento de enerxía solar cos seguintes requisitos:
a) Que as instalacións foran obxecto de comunicación previa/licenza á Xerencia Municipal de Urbanismo.
b) Que as instalacións para a produción de calor inclúan colectores homologados pola administración competente.
c) No caso de inmobles suxeitos ao réxime de propiedade horizontal que realicen unha instalación compartida para subministrar enerxía a todos ou a algún deles, só poderán beneficiarse da bonificación os inmobles vinculados á instalación.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Cubrindo a solicitude en documento regulamentado e entregalo, xunto coa documentación requirida, nas oficinas do I.B.I. solicitando cita previa
Indicar na solicitude o número de expediente da Xerencia Municipal de Urbanismo da comunicación previa/licenza de obra da instalación do sistema de aproveitamento de enerxía solar solicitada.
Esta bonificación concederase durante os tres períodos impositivos seguintes á finalización de instalacións de sistemas de aproveitamento de enerxía solar, debendo solicitala os suxeitos pasivos antes do 31 de decembro do ano anterior ao de aplicación da bonificación no IBI. Consultar disposición Transitoria da Ordenanza Fiscal reguladora do IBI.
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).