SEDE ELECTRÓNICA

Carpeta Cidadá

A Carpeta Cidadá ofrece á cidadanía e empresas a consulta de forma individual e personalizada dos seus datos persoais que son xestionados polo Concello de Vigo.

Acceso por NIF e PIN

Para obter o PIN-SMS de acceso e firma pode realizalo das seguintes formas:

1. De forma telemática

Debe cumplimentar a Alta no sistema Chave-PIN SMS (debe autenticarse mediante Certificado electrónico, DNIe, Chave permanente ou pin 24 horas).

2. De forma presencial

Debe cumplimentar a solicitude de acceso.

Rematada a solicitude deberá solicitar cita previa ( seleccionar Concello de Vigo -> Carpeta cidadá ) para que se lle entregue o contrasinal xerado na oficina de Información do Concello ou no Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo presentando a documentación de identificación:

Documentación de identificación:

  • Persoas Físicas:
    • Cidadá de nacionalidade española:
      • O Documento Nacional de Identidade (DNI), pasaporte ou carné de conducir.
    • Cidadá da Unión Europea:
      • Documento Nacional de Identificación de Extranxeiros onde conste o NIE xunto co Pasaporte ou documento de identidade de país de orixe, ou
      • Certificado de Ciudadá da Unión onde conste o NIE xunto co Pasaporte ou documento de identidade de país de orixe, ou
      • Documento oficial de concesión do NIF/NIE, xunto co pasaporte ou o documento de identidade do país de orixe.
    • Cidadá extranxeiro:
      • Tarxeta Vermella/Verde/Branca de Identificación de Extranxeiros onde consta o NIE junto co pasaporte, ou
      • Documento oficial de concesión do NIF/NIE xunto co pasaporte.
  • Empresas:
    • Orixinal do poder notarial e fotocopia do DNI da persoa apoderada.
    • Tarxeta de identificación fiscal.
    • Autorización da persoa apoderada á persoa que recolle o contrasinal.
    • DNI orixinal da persoa que recolle o contrasinal.
  • Entidades e Asociacións:
    • Orixinal da acta de constitución ou documento equivalente a valorar pola Oficina de asistencia no Rexistro e Información.
    • Tarxeta de identificación fiscal.
    • Nomeamento da presidencia.
    • Autorización e fotocopia do DNI do presidente á persoa que recolle o contrasinal.
    • DNI orixinal da persoa que recolle o contrasinal.
 

Acceso por DNI electrónico ou certificado electrónico

Con este sistema no é necesario darse de alta.

Con este sistema pode acceder á Carpeta cidadá sen necesidade de solicitar CHAVE-PIN nin de presentarse no Concello de Vigo. Máis información.

 

Servizos que ofrece:

A Carpeta Cidadá ofrece á cidadanía e empresas a consulta de forma individual e persoalizada dos datos persoais que son xestionados polo Concello de Vigo.

  • Rexistro Telemático: Rexistro Oficial de documentos ao Concello de Vigo ou á Xerencia de Urbanismo de Vigo.
  • Consulta de expedientes: Acceso a todos os expedientes dos que é titular e ver o estado no que se atopan en tempo real.
  • Información tributaria: Consulta de todos os seus bens tributarios (IBI, IAE, LIXO, VEHÍCULOS...) e operacións sobre os seus recibos (pagamento, duplicados, domiciliacións,...)
  • Multas de tráfico: Consulta das multas de tráfico a o seu nome e impresión da carta de pagamento.
  • Padrón de habitantes: Acceso a todos os seus datos do Padrón de Habitantes de Vigo e xeración de volantes de empadroamento en liña.

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información