Escudo Concello de Vigo

Solicitude de Licenza de Entrada de Vehículos (vados)

O paso de vehículos a locais ou espazos de uso privado, pasando sobre espazos de uso público peatonal, requirirá a correspondente licenza municipal de vado. A licenza de vado conlevará a prohibición de aparcamento de calquera vehículo fronte á entrada do local e, por conseguinte, a autorización para señalizar tal circunstancia.

A quen está dirixido

Poderán solicitar a licenza de vado os titulares do inmoble ou os seus arrendatarios.

Como facelo

Presentación da solicitude a través do Rexistro Xeral (persoas físicas) e/ou do Rexistro Web (persoas xurídicas ou físicas), sen autoliquidación de taxas.

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.Pode facer unha simulación da cota a pagar,



Presencialmente

Debe presentar a solicitude, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Por correo

Debe presentar a solicitude, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Documentación requirida

  • No caso de ser arrendatario
    • Contrato de aluguer
  • Para locais comerciais
    • Plano de situación a escala mínima 1:1000 da cartografía oficial
    • Fotografía da fachada do local
    • Comunicación previa de inicio de actividade (Fotocopia)
  • Comunidades de vivendas e vivendas unifamiliares
    • Plano de situación a escala 1:1000 da cartografía municipal
    • Fotografía da fachada do inmoble
    • Licenza de primeira ocupación do edificio ou da vivenda
      Se a edificación é posterior ao ano 1985. (Fotocopia)
    • Certificación do catastro
      Se a edificación é anterior ao ano 1985.

Observacións

- Nas solicitudes presentadas ata o 30 de xuño o período de liquidación é anual, as posteriores a esta data liquidaranse por período semestral.

- No caso de entradas para locais comerciais, ao concedérselle o vado, no caso de existir beirarrúa, requiriráselle para que presenten un aval pola cantidade establecida no artículo 7.2 da ordenanza fiscal número 30.

- No caso de denegarse as autorizacións, procederá a devolución dos importes ingresados, sempre que non se teña producido o feito impoñible.

Oficinas

  • Rexistro Xeral

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1
    36202 - Vigo

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas

  • Seguridade e Mobilidade

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - Sótano 1
    Teléfono: 986 810 291 ; 986 810 121

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

  • Oficina I.A.E.-E.U.I.

    Administración de Tributos - Departamento de I.A.E.-E.U.I.
    Planta Baixa
    Praza do Rei 1, 36202 Vigo.
    Teléfono: 986 810 313
    E-mail: ofi.iae@vigo.org

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Ayuntamiento de Vigo

Servicio de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para tener acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario y clave de Carpeta Ciudadana o mediante Certificado electrónico (como el DNI electrónico).

Más información