Escudo Concello de Vigo

Solicitude de nichos en concesión por 50 anos

Trátase de obter unha ou dúas bocas de nicho nos cemiterios municipais en concesión administrativa.

A quen está dirixido

Calquera persoa maior de idade que se atope empadroado neste concello.

Como facelo

Por Internet

Remitindo a solicitude, a través da Carpeta do Cidadán, ao Rexistro Xeral do Concello.

Unha vez realizada a solicitude entrará nunha lista de espera. No momento en que o Negociado de Cemiterios notifique a adxudicación solicitaráselle por escrito a documentación a aportar e deberá pagar a taxa correspondente según a Ordenanza, que poderá ingresarse polo seu importe total ou ben en fraccións, no caso de que se trate de nichos en construcción.




Presencialmente

Presentando o impreso de solicitude no Rexistro Xeral do Concello.

Unha vez realizada a solicitude entrará nunha lista de espera. No momento en que o Negociado de Cemiterios notifique a adxudicación solicitaráselle por escrito a documentación a aportar e deberá pagar a taxa correspondente según a Ordenanza, que poderá ingresarse polo seu importe total ou ben en fraccións, no caso de que se trate de nichos en construcción.

Prazos

Depende da existencia ou non de bocas no intre da solicitude.

Documentación requirida

  • Cando se lle notifique
    • Declaración Xurada
      de que non ten propiedades coma as que solicita en ningún cemiterio municipal.
    • Libro de Familia
      no caso de que solicite dúas bocas.

Oficinas

  • Oficina de Cemiterios

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - Sótano 2 (Entrada por rúa granada)
    Teléfono: 986 810 112
    Fax: 986 437 085
    Email: ofi.cemiterios@vigo.org

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información