Mediante esta solicitude poderá retirar ósos do oseiro do Cemiterio Municipal de Pereiró, aos efectos de estudos de medicina.
Calquera persoa relacionada coa medicina para realizar estudos ou investigacións.
Poderá realizar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello, adxuntando a Autorización do Centro de Estudos ou documento acreditativo da sua relación coa medicina, a través da carpeta do cidadá.
Presentarase a solicitude no Rexistro Xeral do Concello xunto coa Autorización do Centro de Estudos ou documento acreditativo da sua relación coa medicina.
Nese momento, coa copia da solicitude, deberá dirixirse a Oficina de Cemiterios do Concello.
Unha vez rematado o uso dos ósos serán devoltos ao oseiro Cemiterio Municipal de Pereiró.
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - Sótano 2 (Entrada por rúa granada)
Teléfono: 986 810 112
Fax: 986 437 085
Email: ofi.cemiterios@vigo.org
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Concello de Vigo
Servizo de Administración Electrónica
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).