Os informes de vida laboral conteñen información respecto das situacións de alta ou baixa dunha persoa no conxunto dos distintos réximes do sistema da Seguridade Social.
As situacións que se inclúen nos informes son computables para o acceso, polo menos, dunha das prestaciones contributivas do sistema da Seguridade Social. Polo tanto, non todas as situacións que se inclúen no informe de vida laboral teñen que ser necesariamente computables para todas as prestacións económicas contributivas do sistema, aspecto este que deberá ser determinado pola Entidade Xestora competente sobre a resolución da solicitude da correspondente prestación.
Persoas con número da Seguridade Social.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).