Constitúe a taxa de prestación de este servizo de recepción obrigatoria, a recollida de residuos sólidos urbanos no termo municipal de Vigo, o seu transporte aos centros de eliminación e posterior tratamento.
Entenderase de recepción obrigatoria o servizo prestado a todos os establecementos comerciais, industriais, profesionais ou de outros usos que estean en condicións de habitabilidade ou utilización con independencia de que estean ou non, habitados ou utilizados.
No caso de locais de uso distinto á vivenda, que se atopen pechados ou sen uso, son suxeitos pasivos obrigados ao pagamento da taxa os propietarios ou usufrutuarios.
No caso de locais ou establecementos con actividade comercial, industrial, profesional ou de outro uso, son suxeitos pasivos obrigados ao pagamento da taxa os titulares da actividade ou actividades que se desenvolven nos locais.
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.
Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago, envíe o impreso correspondente xunto coa documentación necesaria ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
No caso de realizar unha actividade económica dentro dunha vivenda, procederá dar de baixa a esta no Padrón da Taxa de Lixo-vivendas e alta simultánea no Padrón da Taxa de Lixo-Industrial coa tarifa que lle corresponda a actividade que desenvolva. Os efectos de baixa en un padrón e alta no outro, serán simultáneos, evitando así a duplicidade impositiva.
Periodo impositivo:
O período impositivo coincidirá co ano natural. Sen embargo procedera só cota polo segundo semestre no caso de que a alta de IAE se produza con posterioridade ao día 1 de Xullo de cada ano.
Se os suxeitos pasivos do IAE, por estaren exentos no estiveran obrigados á presentación formal da declaración de alta no imposto, deberán darse de alta nesta taxa cubrindo o formulario Web nesta páxina.
Administración de Tributos - Departamento de I.A.E.-E.U.I.
Planta Baixa
Praza do Rei 1, 36202 Vigo.
Teléfono: 986 810 313
E-mail: ofi.iae@vigo.org
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Concello de Vigo
Servizo de Administración Electrónica
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).