Certificado para as empresas ou particulares necesario para poder obter subvencións con cargo aos créditos do Orzamento do Concello de Vigo e seus Organismos Autónomos.
Só poderá obter este certificado a persoa ou entidade que sexa o obrigado ao pago dos tributos ou persoa autorizada por el.
Unha vez que cubra os datos presione no botón de tramitar e imprima o resguardo. Debe achegarse ás oficinas do Concello para recoller o certificado onde deberá aboar o seu importe.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Cumprimentando o impreso normativo que deberá ser presentado no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, previo pago da taxa por expedición de documentos administrativos establecida na Ordenanza Fiscal nº 10 (art. 5.3).
Poderá recollelo o primeiro día hábil seguinte ao da presentación na xanela de recadación voluntaria.
Prazo máximo de expedición: 4 días hábiles.
Prazo de validez da certificación positiva: 6 meses.
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).