Este trámite permite realizar o pago do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) por primeira vez (nova alta).
O pago deste imposto é imprescindible para matricular un novo vehículo e dalo de alta na Xefatura Provincial de Tráfico.
Se o vehículo estivese de baixa e agora quere volver dalo de alta é necesario facer a autoliquidación coma se fose un alta nova e pagar os trimestres correspondentes.
Calquera persoa.
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.
Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar o documento de pago nas entidades bancarias colaboradoras.
Este documento será o xustificante de pago do Imposto Municipal sobre Vehículos de Tracción Mecánica.
Debe presentalo na Xefatura Provincial de Tráfico para o trámite de matriculación dun vehículo.
Non ten que presentar nin este impreso nin ningunha outra documentación no Concello.
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).