Solicitude / Autoliquidación de Licenza para Obras en Dominio Público: Realización de Cala

Terán a consideración de calas todas as aperturas de solo ou pavimento que conten coas seguintes características:

a) Xeométricas:

Anchura máxima: 1,5 m

Lonxitude máxima: 25 m

Profundidade máxima: 4,5 m

No caso de que se sobrepase a anchura máxima e sen sobrepasar os 3 metros, a superficie afectada non superará os 20 metros cadrados.

No caso de que afecte á rede viaria, a totalidade do perímetro do preceptivo balizamento non suporá o corte total do tráfico en ningún dos sentidos de circulación permitidos en dita vía.

b) Temporais: O Prazo de execución non poderá superar os 5 días hábiles.

Considérase acometida a obra realizada para levar o servizo dende o final da canalización ata os inmobles.

A quen está dirixido

Calquera persoa ou entidade.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.

Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".




Presencialmente

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.

Unha vez feito o pago, presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Por correo

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.

Unha vez feito o pago, envíe o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Documentación requirida

    • Memoria
      A memoria, subscrita por técnico competente, deberá referirse en todo caso aos seguintes aspectos: a) Descrición das obras a realizar. b) Relación de materiais a empregar. c) Localización exacta da beirarrúa ou calzada da obra. d) Se se prevé actuar sobre cruzamentos de rúas, indicación dos mesmos, datas e duración prevista. e) Duración estimada da obra. f) Ocupacións adicionais que se prevean con contedores de escombros, casetas de obras ou similares, debidamente superficiadas. g) Plan de sinalización e balizamento da obra de acordo co previsto no anexo desta ordenanza. Dita memoria deberá estar subscrita por técnico competente
    • Planos de situación
      En formato A4 ou A3, escala 1:2000. Subscritos por técnico competente.
    • Orzamento de execución material
      Subscrito por técnico competente.
    • Estudo básico de Seguridade e Saúde
    • Estudo de xestión e producción de residuos
  • Cando a obra non se execute pola compañía de servizos
    • Copia de alta no IAE da empresa que se encargará dos traballos
      No caso de terse contratado. En caso contrario, deberá comunicarse ao Concello previamente ao inicio das obras.

Oficinas

  • Departamento de Vías e Obras Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - 2º Andar
    36202 Vigo
    Teléfono: 986 810 271

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información