CP-004 Comunicación previa para obras menores exentas de licenza

En edificios catalogados todas as obras están suxeitas a licenza de obra previa

Mediante a comunicación previa as persoas interesadas poñen en coñecemento da administración Pública competente os seus datos identificativos e demais requisitos esixibles para o exercicio dun dereito ou inicio dunha actividade, consonte co establecido no artigo 70.1 da lei 30/1992, de 23 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Son obras menores as caracterizadas pola súa escasa entidade económica e pola súa sinxeleza técnica que lles exime da necesidade de documentación técnica, dirixidas á simple reparación, decoración, ou mantemento e limpeza. Inclúense neste concepto as obras enumeradas na seguinte relación:

Relación de obras menores suxeitas ao réxime de comunicación previa

1. Mantemento de partes non edificables de parcelas e solares:

1a. Limpeza e desbroce interior de parcelas e solares, sen movementos de terras nin tala de arboredo.

1b. Reparación de peches de parcelas sen afeccións estruturais.

2. Mantemento de fachadas dos edificios:

2a. Reparación e substitucións de elementos auxiliares da cuberta ( canalóns, baixantes e varandas)

2b. Limpeza e pintado de fachadas.

2c. Cambio de carpintería exterior, persianas, varandas ou similares.

3. Mantemento de cubertas dos edificios:

3a. Substitución puntual de material de cubertas ou terrazas.

4. Mantemento e actualizacións das instalacións dos edificios:

4a. Substitucións de instalacións privativas de vivenda ou local ( auga, gas, electricidade, desagüe ou similar)

4b. Novas instalacións non encastradas en elementos estruturais ( vigas, pilares, paredes mestras, etc.)

4c. Mantemento de instalacións comúns do edificio ( ascensor, caldeiras, etc.)

5. Mantemento dos acabados interiores dos edificios:

5a. En paredes, solos e falsos teitos.

5b. Reformas en cociñas ou baños que non modifiquen as divisións interiores.

A comunicación previa deberá realizarse cunha antelación mínima de 15 días hábiles.

O resto das obras menores nas que é necesario achegar documentación técnica tramitaranse tamén polo procedemento de comunicación previa descrito no apartado seguinte.

A quen está dirixido

Calquera persoa física ou xurídica.

Como facelo

Por Internet

Premendo no botón "Tramitar por Internet" pode realizar o pago da autoliquidación online e enviar a documentación requirida de forma telemática. Desta maneira a solicitude resultante e a documentación requirida quedará rexistrada de forma automática no Rexistro da Xerencia de Urbanismo sen que teña que realizar ningún trámite de forma presencial.

Importante: Non poderá completar a solicitude se non achega toda a documentación requirida. Teña preparada devandita documentación en formato dixital para achegala no momento en que se lle pida.

Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".

Obrigatoria de conformidade co artigo 14.2 da lei Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas : Persoas xurídicas, Entidades sen personalidade xurídica. Profesionais de colexiación obrigatoria, no exercicio de súa actividade profesional e quen represente a obrigados a relacionarse de forma electrónica




Presencialmente

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, ou solicitar o impreso na Xerencia de Urbanismo, e presentar o impreso de solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento.

Unha vez feito o pago, presente o impreso, xunto coa documentación requirida, no Rexistro da Xerencia de Urbanismo de Vigo.

Prazos

A comunicación previa deberá realizarse cunha antelación mínima de 15 días hábiles.

Documentación requirida

    • Solicitude de comunicación previa de obras menores No caso de facer a solicitude neste impreso e non a través do formulario web, deberá solicitar o impreso de autoliquidación no Rexistro da Xerencia de Urbanismo para facer o pagamento correspondente.
    • Plano de situación e localización
      a escala mínima 1:2000 e 1:500 respectivamente. Admítese en substitución, a Consulta Descritiva e Gráfica de Datos Catastrais do ben inmoble. https://www1.sedecatastro.gob.es/CYCBienInmueble/OVCBusqueda.aspx
    • Orzamento desglosado
      da obra ou actuación a realizar.
    • Reportaxe fotográfica
      da fachada da edificación e da zona da obra.
    • Autorizacións e informes sectoriais que sexan preceptivos
      (copia). Xunto coa manifestación expresa de que conta con todos os necesarios para o inicio da actividade.
  • Datos identificativos da persoa solicitante
    • Persoas físicas
      DNI (ou documento que faga as súas veces) da solicitante e da representante. As persoas que comparezan ou asinen en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
    • Persoas xurídicas
      1. DNI (ou documento que faga as súas veces) da persoa representante e documentación acreditativa da representación. 2. Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
    • Comunidade de propietarios
      DNI (ou documento que faga as súas veces) da ou do presidente. No caso de que a solicitude a realice a persoa administradora da comunidade, achegará o seu DNI e documento que acredite debidamente a súa representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable). Ademais acta do nomeamento da persoa presidente ou acta da reunión de propietarios na que se recolla o acordo á realización das obras.
  • No caso de edificacións situadas nos ámbitos das Ordenanzas 1 e 2 do PXOM vixente
    • Memoria xustificativa
      do cumprimento das condicións estéticas, que deberá conter a seguinte documentación: 1. No caso de actuacións dentro do ámbito do PEPRI Casco Vello: Xustificarase o cumprimento do artigo 3.6 da Normativa Urbanística do PEPRI do Casco Vello de Vigo no que se indican as condicións estéticas das edificacións (aprobación definitiva 12.04.07-DOG 6.06.07). 2. No caso de actuacións dentro do ámbito do PEPRI de Bouzas: Xustificarase o cumprimento do capítulo VII: Regulación das condicións estéticas (artigo 50 e seguintes) da Normativa Urbanística do PEPRI de Bouzas (aprobación definitiva 30.09.02-BOP 11.11.02). 3. No caso de actuacións en zona de ordenanza 2: Indicaranse os acabados (materiais, cor e texturas) que se axustarán ó regulado no artigo 8.2 Normas estéticas e de composición das normas urbanísticas do Plan especial de edificios, conxuntos e elementos a conservar, PEEC (aprobación definitiva 25.10.90-BOP 17.01.91). 4. Presentaranse fotografías da fachada e o entorno da edificación, e se se actúa sobre as fachadas incluirase un plano de alzado co estado actual e reformado. Xustificarase a integración dos materiais propostos na fachada existente.
  • Nos casos de obras en fachadas que necesitan andamios
    • Certificado de técnico/a competente
      no que se indique que a colocación dos andamios se fai baixo a súa dirección e que reuniran as debidas condicións de seguridade unha vez instalado.
  • No caso de presentar documentación técnica
    • Declaración responsable (ou certificado colexial) de técnico competente
      no que figuren os seus datos persoais e profesionais de xeito que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.

Observacións

En edificios catalogados todas as obras están suxeitas a licenza de obra previa.

Oficinas

  • Xerencia Municipal de Urbanismo

    Praza do Rei s/n

    Teléfono: 986 810 320

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información