Escudo Concello de Vigo

Baixa da domiciliación de impostos e taxas

Este trámite permite anular a domiciliación na conta bancaria do pago dos recibos que se indiquen.

A domiciliación bancaria supón o cargo, o último día do período voluntario, na conta indicada polo contribuínte, do importe do recibo emitido anualmente, polo que coa anulación da domiciliación debe realizar o pago dos seus recibos no prazo fixado no calendario do contribuínte que figura na carta de pago que se lle enviará ao seu domicilio de notificaciones por correo ordinario.


A quen está dirixido

Ás persoas que realizaran a domiciliación do pago do recibo, sexa ou non o suxeito pasivo obrigado ao pago do tributo.


Como facelo



Debe facer a anulación da domiciliación antes da data fixada polo servizo de recaudación para cada tributo para que sexa efectiva nese ano; si non quedará operativo no seguinte ano e sucesivos. Pode ver as datas dos períodos de pago e domiciliación no Calendario do Contribuínte.


Presencialmente

Pode presentar no Rexistro do Concello, sen prexuízo de poder facelo en calquera outro rexistro habilitado pola normativa vixente, o impreso de solicitude, o cal estará a súa disposición na oficina de información do Concello e nesta páxina web. No caso de que non empregue o modelo normalizado se inadmitirá a súa solicitude.


Documentación requirida

Oficinas

  • Rexistro Xeral

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1
    36202 - Vigo

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas

  • Tesorería Municipal - Recaudación Voluntaria

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - Pranta Baixa 36202 - Vigo
    Teléfono: 986 810 133
    Email: ofi.voluntaria@vigo.org

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Lexislación relacionada

Trámites relacionados

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información