A canle electrónica de alertas é unha canle electrónica específica de participación que permite á cidadanía realizar suxestións e alertar sobre factores de risco, infraccións do código ético ou infraccións normativas, que poidan ser obxecto de comprobación, e, polo tanto, que permita previr disfuncións, corrixir incumprimentos normativos e mellorar o proceso da contratación municipal.
A través de esta canle poderá presentar informacións, alertas ou denuncias que irán directamente ao comité responsable da súa xestión e, ademais, garante, no seu caso, o anonimato da persoa que a realiza.
Mediante este procedemento fará a comunicación de forma anónima. A canle de alertas garante a confidencialidade das comunicacións, ainda así, dispón de duas opcións:
1. Utilizando o seu navegador habitual. Neste caso, queda rastro da dirección IP desde a que se fai a comunicación.
2. Garantindo totalmente o anonimato da comunicación na contorna dixital (tamén da dirección IP, que pode identificar a quen navega por internet), utilizando un navegador que dispoña dunha VPN integrada ( por exemplo o navegador Opera ), e sempre que a habilite previamente.
Calquera persoa física ou xurídica.
O ámbito de aplicación da canle será o propio das funcións e competencias propias dos servizos e órganos do Concello de Vigo, en materia de contratación municipal.
Se o que desexa é pór en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados con cargo a fondos procedentes da Unión Europea, pode utilizar a canle habilitada para o efecto polo citado Servizo, e ao que se pode acceder a través da seguinte ligazón.
Comunicación información sobre feitos ou irregularidade que afecten a fondos da Unión Europea
Clique non botón "Tramitar por internet" e siga os pasos que se lle indican.
No prazo máximo de tres meses deberá dárselle resposta ao informante sobre a tramitación da súa solicitude, alerta, denuncia ou comunicación poñéndoa á súa disposició
Esta canle non é axeitada para informacións ou alertas das que o seu coñecemento ou tramitación correspondan aos órganos xudiciais, fiscalías ou policía xudicial.
Admisión e comprobación de verosimilitude.
1. O Comité analizará en primeiro lugar, á admisibilidade da información, comprobando a estes efectos, en primeiro lugar, se a información recibida está dentro do obxecto e ámbito de aplicación da canle, procedendo noutro caso á ditaminar a procedencia da inadmisión da información, deixando constancia en acta dos motivos.
2. En segundo lugar, analizarase a verosimilitude da información recibida, en caso de que resulte inverosímil, ditaminarase o seu arquivo deixando constancia en acta dos motivos,
3. Unha vez ditaminada a procedencia da inadmisión ou arquivo, remitirase xunto coa información recibida ao departamento ou Concellería delegada con competencias no Plan de Integridade, para sen vinculación ao ditaminado polo Comité, adopte a resolución que proceda poñéndoa á disposición da persoa informante.
Concello de Vigo
Servizo de Administración Electrónica
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).