Solicitude de bolsas "Concello de Vigo" para estancias lingüísticas no estranxeiro do alumnado da Escola Oficial de Idiomas de Vigo (EOIV) 2025

A finalidade destas axudas económicas en forma de bolsas de estudo individuais é contribuír a mellorar a competencia e capacitación en linguas estranxeiras do alumnado da EOIV, fomentando a súa aprendizaxe e o contacto con outras culturas nun ámbito internacional. A bolsa vai destinada a financiar parte dos conceptos de gastos da viaxe, aloxamento da estancia de 2 semanas en destino, matrícula e custo do curso de inmersión lingüística, certificado ou diploma acreditativo da realización do curso e seguro.

Nº de bolsas Destino Distribución por Niveis do alumnado beneficiario Contía/bolsa (€) Importe total (€)
20 Reino Unido / Irlanda B1, B2, C1, C2 1.700,00 € 34.000,00 €
6 Francia B1, B2, C1, C2 1.700,00 € 10.200,00 €
5 Alemaña / Austria B1, B2, C1, C2 1.700,00 € 8.500,00 €
8 Italia B2, C1, C2 1.700,00 € 13.600,00 €
3 Portugal B2, C1, C2 1.450,00 € 4.350,00 €
6 Xapón B1, B2 2.200,00 € 13.200,00 €
2 China A2.2, B1, B2 2.200,00 € 4.400,00 €
50 88.250,00 €

A convocatoria de solicitudes destas bolsas municipais para alumnado da EOIV desenvólvese na páxina web https://escolas.vigo.org/bolsaseoiv.

A quen está dirixido

Os Destinatarios/as son o Alumnado da Escola de Idiomas de Vigo (EOI) (Sede Central e calquera das súas seccións) que cumpran os requisitos da convocatoria.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón “Tramitar por internet” e siga as intruccións que se lle indican.




Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

O Formulario de solicitude asinado, xunto coa documentación requirida, presentarase no rexistro Xeral do Concello de Vigo de luns a venres en horario de 09,00 a 13:30 hs, previa cita na web citaprevia.vigo.org ou nos teléfonos 010 / 986810260 / 986810100

Prazos

O prazo de presentación de solicitudes será do mércores 26 de febreiro ao mércores 12 de marzo de 2025, ambos os dous incluídos.

Documentación requirida

    • Formulario PDF de solicitude asinado
    • Certificación académica da EOIV
    • DNI/NIE do alumno/a, autorización de residencia
    • Pasaporte do/a alumno/a en vigor (no seu caso)
    • DNI / NIE ou autorización residencia membros unidade familiar que computen renda
    • Libro de Familia (completo)
    • Título de Familia Numerosa (no seu caso)
    • Título de familia monoparental (no seu caso)
    • Certificado de discapacidade (no seu caso)
    • Certificado situación desemprego do Servizo Público de Emprego Galego, SPEG (no seu caso)
    • Informe de Vida Laboral da TXSS (no seu caso)
    • Documento acreditativo do IBAN (do solicitante)
    • Documentación Complementaria
      no caso de opoñerse á consulta automática do Concello, deberá presentar última declaración de facenda e volante de empadroamento

Observacións

Para calquera información adicional pode consultar a páxina web https://escolas.vigo.org/bolsaseoiv.

Oficinas

  • Servizo de Educación do Concello de Vigo

    Concello de Vigo - Andar 11 36201 Vigo

    Teléfonos: 986 810 181

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

  • Teléfono de Atención Cidadá Desde Vigo 010 / Desde móbil ou fóra de Vigo 986810260.

    Horario: Luns a Venres de 8 a 20 horas e Sábados de 10 a 14 horas

Normativa Municipal

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información