Programa Vigo Inclusivo

Vigo inclusivo, é un programa de ocio e tempo libre que se está a levar a cabo dende a Concellería de Política Social do Concello de Vigo, e que está dirixido a persoas con diversidade funcional, a partires dos tres anos de idade.

A finalidade deste programa, ademais de favorecer a educación non formal e o desenvolvemento integral de persoas con diversidade funcional é a de permitir a conciliación familiar nos períodos non lectivos (Semana Santa, verán e Nadal).

Este programa incluirá a realización de actividades inclusivas de carácter lúdico e dinámico, excursións e actividades culturais, ademais de obradoiros e actividades específicas.

A quen está dirixido

Poderán ser beneficiarias persoas con diversidade funcional, a partir de tres anos, e empadroadas no Concello de Vigo.

Como facelo

Por Internet

Enviando a solicitude e documentación requirida ao Rexistro Xeral do Concello a través da carpeta cidadá.




Presencialmente

As persoas solicitantes presentarán as súas solicitudes e demais documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP).

Prazos

Prazo aberto dende o martes 12 de marzo ata o martes 19 de marzo de 2024, ambos inclusive .

Documentación requirida

Observacións

No Campamento de Semana Santa 2024 ofertaranse 35 prazas e realizarse os días 25, 26 e 27 de marzo e 1 de abril no Verbum, en horario de 9 a 14 horas. Este campamento non inclúe transporte.

En caso de presentarse máis solicitudes que prazas ofertadas, os criterios a seguir para a adxudicación das prazas serán:

1º.- Solicitantes con 65% ou máis de discapacidade.

2ª.- Orde de presentación da solicitude.

Oficinas

  • Benestar Social Praza do Rei 1, planta baixa.

    Horario: 9 a 13.30 horas de luns a venres

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información