Vigo, Arte Inclusiva é un proxecto, que se enmarca no programa Vigo Inclusivo, onde a proposta lúdica parte das diferentes áreas artísticas, propoñendo tempos de ocio activo, creativo e adaptado as características de cada grupo ao mesmo tempo que pretende a conciliación familiar. As actividades realizaranse en grupos máis afíns en idade e características.
O obxectivo do programa é o de dotar ás persoas con diversidade funcional dun espazo artístico, onde se conxuga a comunicación, a expresión e a interacción social.
Campamento de verán
Este campamento terá lugar durante os meses de Xullo e Agosto no Pazo da Raposeira.
Dado que un dos obxectivos do programa “Vigo Inclusivo” é a inclusión de persoas con diversidade funcional nas diferentes actividades que se realizan na cidade, este ano ofertaremos prazas con reforzo e atención personalizada, en campamentos dirixidos a poboación infantil e moza en xeral.
Prazas ofertadas: 160
En caso de presentarse máis solicitudes que prazas ofertadas, a adxudicación realizarase según data de presentación da solicitude.
Para persoas con diversidade funcional a partires dos tres anos de idade.
Enviando a solicitude e documentación requirida ao Rexistro Xeral do Concello a través da carpeta cidadá.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
As persoas solicitantes presentarán as súas solicitudes e demais documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP).
Prazo aberto dende o luns 25 de maio ao venres 05 de xuño, ambos inclusive.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).