Programa Vigo Inclusivo - Vigo arte inclusiva

Vigo, Arte Inclusiva é un proxecto, que se enmarca no programa Vigo Inclusivo, onde a proposta lúdica parte das diferentes áreas artísticas, propoñendo tempos de ocio activo, creativo e adaptado as características de cada grupo ao mesmo tempo que pretende a conciliación familiar. As actividades realizaranse en grupos máis afíns en idade e características.

O obxectivo do programa é o de dotar ás persoas con diversidade funcional dun espazo artístico, onde se conxuga a comunicación, a expresión e a interacción social.

Este programa contará con tres tipo de actividades:

1.- Campamentos de verán, nos meses de xullo e agosto. No Pazo da Raposeira. Realizáranse tres campamentos dunha semán para idades comprendidas entre os 3 e os 21 anos, e outros tres campamentos dunha semán para idades comprendidas entro os 22 e 64 anos.

2.- Mañáns de Arte. Estás dinámicas realizaranse un sábado ao mes. As sesións están adaptadas para tres franxas de idades: de 3 a 10 anos, de 11 a 24 anos, e de 25 a 64 anos.

3.- Espectáculos familiares de animación musical. Realizaranse dous concertos, un o 16 de maio e outro o 26 de setembro, no auditorio da Oficina Municipal de distrito de Teis.

Mañáns de Arte: Estás dinámicas constarán dun conto sensorial e o traballo deste conto en diferentes obradoiros basados no conto: teatralización, representación teatral con vestuario e maquillaxe, obradoiro de musicalización, interpretar unha melodía acorde co relato do conto, representación gráfica, crear unha imaxe do conto para levar a casa.

O prazo para solicitar os tres primeiros sábados de Manáns de Arte ( 25 de abril, 30 de maio e 27 de xuño), comenza o xoves 26 de marzo e remata o venres 10 de abril.

Esta actividade realizarase no Pazo da Raposeira (Cmño da Raposeira, 3, Sárdoma), en horario de 11:00 a 13:30.

Número de prazas ofertadas: 15 prazas por sábado.

En caso de presentarse máis solicitudes que prazas ofertadas, a adxudicación realizarase según data de presentación da solicitude.

A quen está dirixido

Para persoas con diversidade funcional a partires dos tres anos de idade.

Como facelo

Por Internet

Enviando a solicitude e documentación requirida ao Rexistro Xeral do Concello a través da carpeta cidadá.




Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

As persoas solicitantes presentarán as súas solicitudes e demais documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP).

Documentación requirida

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información