Escudo Concello de Vigo

Carpeta Cidadá: O Concello Online

Carpeta cidadá

«O Concello aberto as 24 horas do día»

«Toda a súa información persoal facilmente accesible»

«Realice os trámites por Internet comodamente desde o seu ordenador»

Rexistro Electrónico Xeral

Envío de solicitudes e documentación ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo ou da Xerencia Municipal de Urbanismo, ca mesma validez que se os presentase persoalmente.

Trámites específicos con identificación

Tramitación de procedementos que requiren identificación

Expedientes

Consulta da tramitación dos expedientes e documentos do Concello de Vigo e a Xerencia de Urbanismo dos que é titular.

Tributos

Consulta, impresión, domiciliación e pagamento de recibos de IBI, IAE, Vehículos, Recollida de lixo e Exaccións Unificadas Industriais.

Padrón de Habitantes

Consulta dos datos do padrón de habitantes, obtención de volantes e certificados.

Multas e Sancións

Consulta do estado e fotografías, xeración da carta de pagamento, alegacións á sanción e identificación do condutor.

OPCIÓN 1: Uso de DNI electrónico e outros certificados

Non é necesario darse de alta. Simplemente acceda co seu certificado electrónico para identificarse.

OPCIÓN 2: Usuario e clave

Para obter un nome de usuario e contrasinal de acceso debe cumprimentar a solicitude de acceso.

Rematada a solicitude poderá recoller o contrasinal xerado na oficina de Información do Concello ou no Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo presentando a documentación de identificación:

Documentación de identificación:

  • Persoas Físicas:
    • DNI e fotocopia do mesmo
  • Empresas:
    • Fotocopia do poder notarial e do DNI da persoa apoderada.
    • Autorización da persoa apoderada á persoa que recolle o contrasinal.
    • DNI e fotocopia da persoa que recolle o contrasinal.
  • Entidades e Asociacións:
    • Fotocopia da acta de constitución e nomeamento da presidencia.
    • Autorización e fotocopia do DNI do presidente á persoa que recolle o contrasinal.
    • DNI e fotocopia da persoa que recolle o contrasinal.

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información